martes, 20 de maio de 2025

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

  Ademais da actuación das cantareiras, levamos a cabo outras actividades relacionadas coa temática deste ano:


- Participación de 5º e 6º de primaria no Correlingua - Correlalín

- Representación dunha obra de teatro do alumnado de 4º de primaria.

- Actividades en liña e en papel do Seminario Galán.

- Elaboración de "As nosas cantigas" para decorar os escaparates das tendas panvila.

- Outras actividades como: maqueta sobre as cantareiras, tres en raia, pandeiretas en 3D, etc.




 

mércores, 30 de abril de 2025

SEMANA DO LIBRO - CHARLA CON PABLO NOGUEIRA

 O alumnado de 4º de primaria leu un libro de Pablo Nogueira e o autor asistiu ao

 centro para comentar o libro e responder ás preguntas dos nenos/as. Tamén lles

 asinou os libros cunha adicatoria personalizada para cada un. Fíxolles moita ilusión.

 Podemos ver algúns momentos no seguinte vídeo:






VARIEDADES DIALECTAIS

 En colaboración con centros doutras zonas de Galicia estamos estudando as distintas variedades do galego. Aquí temos o vídeo que compartimo...