sábado, 11 de febreiro de 2023

CONTACONTOS INTERCENTROS

 O pasado mes de decembro comezamos unha aventura compartida con outros coles. Tiñamos que tentar reunir aos nenos e nenas de distintos cursos nunha lectura. Un dos centros seleccionaba un curso para que, a través de videoconferencia, lese un conto para os nenos e nenas dos outros coles. 

As lecturas son gravadas en audio ou vídeo, con estas gravacións obtemos un código QR que atoparedes na contraportada dos contos co fin de facilitar a lectura dos mesmos aos nenos e nenas con distintas dificultades.

Este mes de xaneiro o protagonista foi o cole de Bandeira, o CEIP Ramón de Valenzuela. Aproveitando a celebración do "Día da PAZ" os nenos e nenas de 6º leron para os seus compañeiros e compañeiras de 1º e 2º e tamén a través de videoconferencia aos nenos e nenas do CEIP Xesús Golmar de Lalín, aos nenos e nenas do CEIP Vicente Arias de la Maza de Vilatuxe e aos de 5ª do noso cole.

Os contos escollidos foron Orellas de bolboreta, Chímpate Pepa! e Oso Atrapabolboretas e aquí podedes ver o ben que o fixeron.









Por fin no mes de marzo toculles aos nenos e nenas do noso centro. Aquí vemos os seus contos:


Ningún comentario:

Publicar un comentario

OBRADOIRO DE MAIOS

Para celebrar a chegada do mes de maio e exaltación da primavera fixemos no cole un obradoiro para elaborar distintos "maios" coa ...