xoves, 21 de maio de 2026

VARIEDADES DIALECTAIS

 En colaboración con centros doutras zonas de Galicia estamos estudando as distintas variedades do galego.


Aquí temos o vídeo que compartimos con eses centros. 




Máis adiante publicaremos as súas respostas e observaremos as diferenzas.

martes, 19 de maio de 2026

LETRAS GALEGAS 2026

Para celebrar a semana das Letras Galegas leváronse a cabo distintas actividades:

- Participación en " O xardín das palabras que agroman na memoria",  actividade proposta polo concello que consistía na decoración de árbores do pobo con palabras en desuso ou que se usan pouco e que son típicas do galego:





- Murais alusivos á autora homenaxeada:

   



- Noticieiro feito polo alumnado de 5º de primaria para dar a coñecer a vida e a obra de Begoña Caamaño:





GALICIA VIVA

 Coa participación das familias e do alumnado confeccionamos un mural con distintos aspectos culturais da nosa zona, na que podemos ver convivir elementos do pasado con outros elementos máis actuais e observar así a evolución da sociedade.





luns, 18 de maio de 2026

TRÉCOLA TEATRO

 



Grazas de novo á Editorial Xerais por acordarse de nós. Hoxe tivemos unha sesión de teatro fantástica para Educación Infantil e primeiro ciclo de Primaria.

martes, 12 de maio de 2026

OS MAIOS

  Un ano máis celebramos a chegada do mes de maio coa confección de "minimaios". Contamos coa colaboración das familias para que o resultado sexa así de bonito:


   


venres, 24 de abril de 2026

DÍA DO LIBRO

 Ademais das recomendacións dos nosos nenos e nenas tamén fixemos uns vistosos marcapáxinas con material reciclado:


MARCAPÁXINAS de ceipmr

Ademais o alumnado de 6º de primaria entretuvo a todos os nenos e nenas dos outros cursos coas súas divertidas "contadas"





 










VARIEDADES DIALECTAIS

 En colaboración con centros doutras zonas de Galicia estamos estudando as distintas variedades do galego. Aquí temos o vídeo que compartimo...