mércores, 13 de novembro de 2019

O MAGOSTO

O día 8 de novembro fixemos a festa do magosto no colexio. 

Pasámolo de medo facendo xogos moi divertidos.









Despois de tanto xogar repuxemos forzas comendo castañas e bebendo. Que boas estaban!




E...ademais de comer tamén tivemos tempo para pintar a cara ☻☻






martes, 5 de novembro de 2019

O SAMAÍN

Entre os días 28 e 30 de febreiro celebramos O Samaín. 

 O alumnado fixo moitos adornos terroríficos relacionados co espazo, que adornan a entrada do colexio











Os alumnos e alumnas de 5º dramatizaron nas demais aulas o seguinte poema:

É a noite dos mortos,
 pantasmas e esqueletos
 andan todos soltos. 

Serpes, bechos e cóbregas,
 sapos, morcegos e tebras,
 dentro da pota máxica
 mesturarei na noite tráxica. 

Mouchos e curuxas,
 demos e bruxas
 fuxide, liscade 
e marchade xa!

 Samaín, Samaín, 
prende o candil 
e que os demos
 non veñan por min. 

Peidos cheirentos,
entrañas fedorentas,
 alento de gato,
 bigote de rato.

 O mal de ollo
 hei escorrentar, 
as ánimas negras
 hei espantar.



OBRADOIRO DE MAIOS

Para celebrar a chegada do mes de maio e exaltación da primavera fixemos no cole un obradoiro para elaborar distintos "maios" coa ...