venres, 22 de marzo de 2019

Semana da prensa

Na semana do 11 ao 15 de marzo levamos a cabo distintas actividades para celebrar a semana da prensa.

Entre esas actividades está a elaboración de distintos xornais nas clases confeccionados con noticias relacionadas con animais e seleccionadas de distintos xornais.

martes, 12 de marzo de 2019

Chegou o Entroido e nós celebrámolo como se merece.

Durante toda a semana obedecemos as ordes dos mecos Manuel e Xertrudis:


                                                  
LUNS 25:                                                          
Para animais coñecer
á sabana imos ir
prepárate, que o luns
de safari tés que vir.
MARTES 26: 
Acabou o safari,
acabou o tour.
Mañá vístete 
con glamour.
 MÉRCORES 27: 
Que glamour había hoxe!
Que cole máis sofisticado!
Mañá esmérate no peiteado.
 XOVES 28: 
Se acabches a gomina
mañá hai que vir
para ir á piscina.
 VENRES 1: 
Se non acabaches
resfriado nin resfriada
mañá disfrázate...
Isto vai parecer unha animalada!

Nas aulas elaboramos distintos materiais e unidades didácticas referidas a esta festa.

E, para rematar, o venres celebrouse un gran baile de disfraces:






OBRADOIRO DE MAIOS

Para celebrar a chegada do mes de maio e exaltación da primavera fixemos no cole un obradoiro para elaborar distintos "maios" coa ...