En colaboración con centros doutras zonas de Galicia estamos estudando as distintas variedades do galego.
Aquí temos o vídeo que compartimos con eses centros.
Máis adiante publicaremos as súas respostas e observaremos as diferenzas.

Para celebrar a semana das Letras Galegas leváronse a cabo distintas actividades:
- Participación en " O xardín das palabras que agroman na memoria", actividade proposta polo concello que consistía na decoración de árbores do pobo con palabras en desuso ou que se usan pouco e que son típicas do galego:
- Murais alusivos á autora homenaxeada:
- Noticieiro feito polo alumnado de 5º de primaria para dar a coñecer a vida e a obra de Begoña Caamaño:
Coa participación das familias e do alumnado confeccionamos un mural con distintos aspectos culturais da nosa zona, na que podemos ver convivir elementos do pasado con outros elementos máis actuais e observar así a evolución da sociedade.
Un ano máis celebramos a chegada do mes de maio coa confección de "minimaios". Contamos coa colaboración das familias para que o resultado sexa así de bonito:
En colaboración con centros doutras zonas de Galicia estamos estudando as distintas variedades do galego. Aquí temos o vídeo que compartimo...