luns, 22 de febreiro de 2021

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Para traballar este día tan importante, este ano imos poñer un enlace ao blog da biblioteca do CEIP Saco e Arce de Toén, porque o seu traballo merece moito a pena compartir. Grazas polo voso traballo.



    Clica para ir a Bloguesquío.








                    













Clica para ir a Bibliotecas Escolares.
       

domingo, 7 de febreiro de 2021

O ENTROIDO

 Comezamos a semana do Entroido cumprindo os mandadiños que nos ditan don  Manuel e dona Xertrudis:

LUNS 8:                                                          

Comenzamos o luns.

Queremos quedar na cama!

Por iso, coma sempre,

nos toca vir en pixama.

MARTES 9:   

Da igual calcetín, bota ou zapato.

O martes tócalle ao calzado.

O importante é que ata o gato

veña con algo disparatado.

MÉRCORES 10:  

Para este mércores, coidado!

Buscamos algo refinado.

Mellor aínda, disparatado.

A ver que se che ocorre

co teu peiteado.

XOVES 11:

Xoves, día do deporte!

Que non che dea corte.

Mellor canto máis variados,

a ver se quedamos pasmados.

VENRES 12:

Xa chega o venres de entroido.

Busca na casa algo colorido

que sexa moi divertido.

Ven como queiras vestido.



Agora seguimos cos traballos feitos polos alumnos e alumnas:










DÍA DA PAZ

 Como todos os anos, e máis este curso pola situación que estamos vivindo,  non nos esquecemos do necesaria que é a paz no mundo.

 Por iso a semana do 25 ao 29 de xaneiro traballamos en todas as aulas sobre este tema coa esperanza de que todo vaia mellor no futuro.

Aquí pódense ver algúns exemplos dese traballo feito con toda a ilusión por todos os nenos e nenas do centro:


















OBRADOIRO DE MAIOS

Para celebrar a chegada do mes de maio e exaltación da primavera fixemos no cole un obradoiro para elaborar distintos "maios" coa ...