xoves, 22 de decembro de 2022

O NADAL

 Celebramos o Nadal no colexio deseñando e facendo postais, adornos para as portas, etc. 

Rematamos cun festival no que houbo obras de teatro, panxoliñas, actuacións musicais...

No seguinte vídeo pódese ver un resumo dos traballos feitos:


martes, 29 de novembro de 2022

O MAGOSTO

 Para celebrar o magosto, todo o alumnado do centro traballou na elaboración dun libro dixital coa recompilación de distintas cancións e coplas referentes a esta festa tan galega.

O resultado foi o seguinte:






Tamén fixemos xogos nos que a protagonista era  a castaña

e, por último, comemos castañas asada que estaban ben boas:


venres, 28 de outubro de 2022

SAMAÍN

Como todos os anos, no noso colexio celebramos o Samaín. Fixemos unha gran exposición con personaxes de conto terroríficas, elaboradas con material de refugallo reciclado. 

Tamén se levou a cabo a actividade "Tira un conto". Desta actividade saíron moitos contos de medo e incluso algúns foron interpretados polos seus atores e autoras.

A continuación podedes ver unha mostra de todo o traballo levado a cabo:



luns, 17 de outubro de 2022

"Festa literaria"

O día  14 de outubro os alumnos e alumnas de 4º de primaria asistiron á praza da igrexa  para participar nun taller literario dentro das actividades programadas pola "Festa literaria  de sopa de letras"





xoves, 26 de maio de 2022

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Ao longo da semana  do 16 ao 20 de maio, relizáronse distintas

 actividades para coñecer a vida e a obra de  FLORENCIO

 DELGADO GURRIARÁN.


Entre esas actividades destacan fichas on line, debuxos,

 memorización e recitado de poemas...





VARIEDADES DIALECTAIS

 En colaboración con centros doutras zonas de Galicia estamos estudando as distintas variedades do galego. Aquí temos o vídeo que compartimo...