domingo, 8 de novembro de 2020

SAMAÍN 2020

 O alumnado traballou a festa do Samaín de diferentes formas.


Estes son algúns dos traballos que se fixeron:



luns, 18 de maio de 2020

Letras Galegas 2020

SEMANA DAS NOSAS LETRAS

Aínda que estamos nunha situación distinta a outros anos, cada un na súa casa, tanto o profesorado como o alumnado do noso colexio traballou para celebrar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.














Aquí deixámosvos algunhas mostras dos traballos feitos, adicados a RICARDO CARVALHO CALERO.

Empezamos coa biografía:



E continuamos con outros traballos:





E, para rematar, unha felicitación especial:



venres, 28 de febreiro de 2020

O Entroido

O día 17 de febreiro comezamos coa celebración do Entroido. O luns, martes, mércores e xoves cumprimos cos mandadiños de don Manuel e de dona Xertrudis.


Tamén traballamos nas clases distintos aspectos desta festa tradicional galega, como caretas, redaccións,etc.

E o venres rematamos cun gran baile de disfraces:







luns, 3 de febreiro de 2020

O DÍA DA PAZ

Como todos os anos celebramos no colexio o día da Paz, o 30 de xaneiro.

Para esta celebración fixemos murais, lanzamos foguetes con mensaxes pacifistas e cantámoslles á todos os nenos do mundo:










mércores, 29 de xaneiro de 2020

O NADAL

Celebramos a festividade do Nadal con distintas actividades.

 Entre elas unha exposición de postais :




Tamén houbo un intercambio de postais con alumnos/as do CEIP Nosa Señora de Xuvencos  de Boborás.

Aquí queda unha mostra duns e outros coa postal recibida:



Tamén adornamos  as distintas estancias do colexio:




E, para rematar celebramos un festival con actuacións moi variadas:















martes, 14 de xaneiro de 2020

Semana escolar do Camiño de Santiago

A semana do 25 ao 28 de novembro o alumnado de 5º e 6º  do centro participou na Semana escolar  do Camiño de Santiago.

As actividades que se levaron a cabo foron as seguintes: lectura do libro "A ECOPANDA E O MISTERIO DO ROMÁNICO", comentarios sobre o libro e a realización de distintas actividades para saber máis sobre o Camiño Francés de Santiago (redaccións, contos, debuxos...)



Aquí pódense ver algunhas imaxes das actividades realizadas:
     










Foi un traballo moi interesante no que os alumnos/as descubriron moitas cousas novas dun xeito lúdico.








mércores, 13 de novembro de 2019

O MAGOSTO

O día 8 de novembro fixemos a festa do magosto no colexio. 

Pasámolo de medo facendo xogos moi divertidos.









Despois de tanto xogar repuxemos forzas comendo castañas e bebendo. Que boas estaban!




E...ademais de comer tamén tivemos tempo para pintar a cara ☻☻






VARIEDADES DIALECTAIS

 En colaboración con centros doutras zonas de Galicia estamos estudando as distintas variedades do galego. Aquí temos o vídeo que compartimo...