venres, 10 de marzo de 2023
mércores, 8 de marzo de 2023
A PALABRA DA SEMANA
Por clases, cada semana, todos os alumnos e alumnas escribirán unha palabra en galego que lles suxira algo bonito. A continuación elixirase unha desas palabras.
Aquí podedes ir vendo a palabra elixida:
1ª semana
luns, 27 de febreiro de 2023
xoves, 23 de febreiro de 2023
O ENTROIDO
Ao longo de toda a semana do 13 ao 17 de febreiro leváronse a cabo os mandadiños de dona Xertrude e don Manuel para vir caracterizados todos do que se mandaba.
Paralelamente leváronse a cabo outras actividades nas aulas como elaboración de caretas, estudos sobre os distintos entroidos típicos de Galicia, etc.
Rematamos o día 17 cunha festa na que todos luciron os seus disfraces.
sábado, 11 de febreiro de 2023
CONTACONTOS INTERCENTROS
O pasado mes de decembro comezamos unha aventura compartida con outros coles. Tiñamos que tentar reunir aos nenos e nenas de distintos cursos nunha lectura. Un dos centros seleccionaba un curso para que, a través de videoconferencia, lese un conto para os nenos e nenas dos outros coles.
As lecturas son gravadas en audio ou vídeo, con estas gravacións obtemos un código QR que atoparedes na contraportada dos contos co fin de facilitar a lectura dos mesmos aos nenos e nenas con distintas dificultades.
Este mes de xaneiro o protagonista foi o cole de Bandeira, o CEIP Ramón de Valenzuela. Aproveitando a celebración do "Día da PAZ" os nenos e nenas de 6º leron para os seus compañeiros e compañeiras de 1º e 2º e tamén a través de videoconferencia aos nenos e nenas do CEIP Xesús Golmar de Lalín, aos nenos e nenas do CEIP Vicente Arias de la Maza de Vilatuxe e aos de 5ª do noso cole.
Os contos escollidos foron Orellas de bolboreta, Chímpate Pepa! e Oso Atrapabolboretas e aquí podedes ver o ben que o fixeron.
martes, 31 de xaneiro de 2023
xoves, 22 de decembro de 2022
O NADAL
Celebramos o Nadal no colexio deseñando e facendo postais, adornos para as portas, etc.
Rematamos cun festival no que houbo obras de teatro, panxoliñas, actuacións musicais...
No seguinte vídeo pódese ver un resumo dos traballos feitos:
VARIEDADES DIALECTAIS
En colaboración con centros doutras zonas de Galicia estamos estudando as distintas variedades do galego. Aquí temos o vídeo que compartimo...
-
O día 17 de febreiro comezamos coa celebración do Entroido. O luns, martes, mércores e xoves cumprimos cos mandadiños de don Manuel e de don...
-
Como todos os anos celebramos no colexio o día da Paz, o 30 de xaneiro. Para esta celebración fixemos murais, lanzamos foguetes con mensax...
-
O pasado mes de decembro comezamos unha aventura compartida con outros coles. Tiñamos que tentar reunir aos nenos e nenas de distintos cur...










