Por clases, cada semana, todos os alumnos e alumnas escribirán unha palabra en galego que lles suxira algo bonito. A continuación elixirase unha desas palabras.
Aquí podedes ir vendo a palabra elixida:
1ª semana
Por clases, cada semana, todos os alumnos e alumnas escribirán unha palabra en galego que lles suxira algo bonito. A continuación elixirase unha desas palabras.
Aquí podedes ir vendo a palabra elixida:
1ª semana
Ao longo de toda a semana do 13 ao 17 de febreiro leváronse a cabo os mandadiños de dona Xertrude e don Manuel para vir caracterizados todos do que se mandaba.
Paralelamente leváronse a cabo outras actividades nas aulas como elaboración de caretas, estudos sobre os distintos entroidos típicos de Galicia, etc.
Rematamos o día 17 cunha festa na que todos luciron os seus disfraces.
O pasado mes de decembro comezamos unha aventura compartida con outros coles. Tiñamos que tentar reunir aos nenos e nenas de distintos cursos nunha lectura. Un dos centros seleccionaba un curso para que, a través de videoconferencia, lese un conto para os nenos e nenas dos outros coles.
As lecturas son gravadas en audio ou vídeo, con estas gravacións obtemos un código QR que atoparedes na contraportada dos contos co fin de facilitar a lectura dos mesmos aos nenos e nenas con distintas dificultades.
Este mes de xaneiro o protagonista foi o cole de Bandeira, o CEIP Ramón de Valenzuela. Aproveitando a celebración do "Día da PAZ" os nenos e nenas de 6º leron para os seus compañeiros e compañeiras de 1º e 2º e tamén a través de videoconferencia aos nenos e nenas do CEIP Xesús Golmar de Lalín, aos nenos e nenas do CEIP Vicente Arias de la Maza de Vilatuxe e aos de 5ª do noso cole.
Os contos escollidos foron Orellas de bolboreta, Chímpate Pepa! e Oso Atrapabolboretas e aquí podedes ver o ben que o fixeron.
Celebramos o Nadal no colexio deseñando e facendo postais, adornos para as portas, etc.
Rematamos cun festival no que houbo obras de teatro, panxoliñas, actuacións musicais...
No seguinte vídeo pódese ver un resumo dos traballos feitos:
Para celebrar o magosto, todo o alumnado do centro traballou na elaboración dun libro dixital coa recompilación de distintas cancións e coplas referentes a esta festa tan galega.
O resultado foi o seguinte:
Tamén fixemos xogos nos que a protagonista era a castaña
e, por último, comemos castañas asada que estaban ben boas:
En colaboración con centros doutras zonas de Galicia estamos estudando as distintas variedades do galego. Aquí temos o vídeo que compartimo...