martes, 24 de maio de 2022

CONTADAS DOS NENOS


 Os nenos e nenas de 6º foron polas distintas clases contando contos en galego aos compañeiros/as dos diferentes cursos. Foi unha actividade moi ben acollida por todos e cunha valoración moi positiva.
                     






venres, 13 de maio de 2022

SEMANA DO LIBRO

Con motivo do día do libro, levamos a cabo unha actividade de lectura en galego, ao longo de todo o mes de abril. Para esta actividade contamos coa colaboración das familias. Fixéronlles fotos aos seus fillos/as e enviáronas por e- mail ao centro. 

Cos traballos recibidos elaboramos  o seguinte mural:



venres, 18 de marzo de 2022

SEMANA DA PRENSA

 Outro ano máis, durante unha semaniña de marzo, o alumnado do CEIP Manuel Rivero, traballou cos xornais para conmemorar a Semana da Prensa.

Este ano, os rapaces e rapazas de 3º de Primaria fixeron unha recompilación de noticias sobre ameazas que poden afectar aos ecosistemas de Galicia.

Aquí vos deixamos unhas fotos do seu traballo.






martes, 1 de marzo de 2022

VARIEDADES DIALECTAIS

 En colaboración con centros doutras zonas de Galicia estamos estudando as distintas variedades do galego. Aquí temos o vídeo que compartimo...