luns, 22 de febreiro de 2021

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Para traballar este día tan importante, este ano imos poñer un enlace ao blog da biblioteca do CEIP Saco e Arce de Toén, porque o seu traballo merece moito a pena compartir. Grazas polo voso traballo.



    Clica para ir a Bloguesquío.








                    













Clica para ir a Bibliotecas Escolares.
       

domingo, 7 de febreiro de 2021

O ENTROIDO

 Comezamos a semana do Entroido cumprindo os mandadiños que nos ditan don  Manuel e dona Xertrudis:

LUNS 8:                                                          

Comenzamos o luns.

Queremos quedar na cama!

Por iso, coma sempre,

nos toca vir en pixama.

MARTES 9:   

Da igual calcetín, bota ou zapato.

O martes tócalle ao calzado.

O importante é que ata o gato

veña con algo disparatado.

MÉRCORES 10:  

Para este mércores, coidado!

Buscamos algo refinado.

Mellor aínda, disparatado.

A ver que se che ocorre

co teu peiteado.

XOVES 11:

Xoves, día do deporte!

Que non che dea corte.

Mellor canto máis variados,

a ver se quedamos pasmados.

VENRES 12:

Xa chega o venres de entroido.

Busca na casa algo colorido

que sexa moi divertido.

Ven como queiras vestido.



Agora seguimos cos traballos feitos polos alumnos e alumnas:










VARIEDADES DIALECTAIS

 En colaboración con centros doutras zonas de Galicia estamos estudando as distintas variedades do galego. Aquí temos o vídeo que compartimo...