domingo, 7 de febreiro de 2021

O ENTROIDO

 Comezamos a semana do Entroido cumprindo os mandadiños que nos ditan don  Manuel e dona Xertrudis:

LUNS 8:                                                          

Comenzamos o luns.

Queremos quedar na cama!

Por iso, coma sempre,

nos toca vir en pixama.

MARTES 9:   

Da igual calcetín, bota ou zapato.

O martes tócalle ao calzado.

O importante é que ata o gato

veña con algo disparatado.

MÉRCORES 10:  

Para este mércores, coidado!

Buscamos algo refinado.

Mellor aínda, disparatado.

A ver que se che ocorre

co teu peiteado.

XOVES 11:

Xoves, día do deporte!

Que non che dea corte.

Mellor canto máis variados,

a ver se quedamos pasmados.

VENRES 12:

Xa chega o venres de entroido.

Busca na casa algo colorido

que sexa moi divertido.

Ven como queiras vestido.



Agora seguimos cos traballos feitos polos alumnos e alumnas:










DÍA DA PAZ

 Como todos os anos, e máis este curso pola situación que estamos vivindo,  non nos esquecemos do necesaria que é a paz no mundo.

 Por iso a semana do 25 ao 29 de xaneiro traballamos en todas as aulas sobre este tema coa esperanza de que todo vaia mellor no futuro.

Aquí pódense ver algúns exemplos dese traballo feito con toda a ilusión por todos os nenos e nenas do centro:


















luns, 4 de xaneiro de 2021

TRABALLOS DE NADAL

A pesar da situación na que nos atopamos a ilusión dos nenos e nenas sigue estando presente e máis nestas datas. Por iso traballaron arreo para celebrar o Nadal.

xoves, 3 de decembro de 2020

domingo, 8 de novembro de 2020

SAMAÍN 2020

 O alumnado traballou a festa do Samaín de diferentes formas.


Estes son algúns dos traballos que se fixeron:



luns, 18 de maio de 2020

Letras Galegas 2020

SEMANA DAS NOSAS LETRAS

Aínda que estamos nunha situación distinta a outros anos, cada un na súa casa, tanto o profesorado como o alumnado do noso colexio traballou para celebrar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.














Aquí deixámosvos algunhas mostras dos traballos feitos, adicados a RICARDO CARVALHO CALERO.

Empezamos coa biografía:



E continuamos con outros traballos:





E, para rematar, unha felicitación especial:



VARIEDADES DIALECTAIS

 En colaboración con centros doutras zonas de Galicia estamos estudando as distintas variedades do galego. Aquí temos o vídeo que compartimo...