luns, 27 de maio de 2019

Semana das Letras Galegas

A semana do 13 ao 16 de maio celebramos a festa das Nosas Letras. 


 Para homenaxear a Antón Fraguas leváronse a cabo diferentes actividades tanto a nivel de aula como a nivel de centro.

 Imos facer un percorrido por algunhas delas.


Actividades variadas nas aulas:












Exposición e lectura dos carteis sobre o autor:


































O alumnado de 4º  confeccionou colaxes con algúns dos seus poemas cos cales se fixo unha exposición:





































Carteis elaborados por cada clase para rememorar a distintos autores galegos:












E por último o día 16 foi o colofón da festa coa explicación da biografía de Antón Fraguas por parte do alumnado de 5º curso, coa representación do "Casamento da pulga e o piollo" a cargo dos de 2º e recitado de poemas de 4º:










xoves, 25 de abril de 2019

Actuación de Fantoches Baj




O día 10 de abril todo o alumnado do centro acudiu ao salón teatro de Lalín para ver a peza "Fábula Galénica" de Fantoches Baj. 
Os nenos e nenas desfrutaron moito da sesión.






venres, 22 de marzo de 2019

Semana da prensa

Na semana do 11 ao 15 de marzo levamos a cabo distintas actividades para celebrar a semana da prensa.

Entre esas actividades está a elaboración de distintos xornais nas clases confeccionados con noticias relacionadas con animais e seleccionadas de distintos xornais.

martes, 12 de marzo de 2019

Chegou o Entroido e nós celebrámolo como se merece.

Durante toda a semana obedecemos as ordes dos mecos Manuel e Xertrudis:


                                                  
LUNS 25:                                                          
Para animais coñecer
á sabana imos ir
prepárate, que o luns
de safari tés que vir.
MARTES 26: 
Acabou o safari,
acabou o tour.
Mañá vístete 
con glamour.
 MÉRCORES 27: 
Que glamour había hoxe!
Que cole máis sofisticado!
Mañá esmérate no peiteado.
 XOVES 28: 
Se acabches a gomina
mañá hai que vir
para ir á piscina.
 VENRES 1: 
Se non acabaches
resfriado nin resfriada
mañá disfrázate...
Isto vai parecer unha animalada!

Nas aulas elaboramos distintos materiais e unidades didácticas referidas a esta festa.

E, para rematar, o venres celebrouse un gran baile de disfraces:






luns, 25 de febreiro de 2019

Festa do cocido

En Lalín celébrase a festa do cocido e no Manuel Rivero traballamos sobre esa festa tan popular do noso pobo.



domingo, 24 de febreiro de 2019

Día de Rosalía



Adicamos todo o mes de febreiro ao recitado de poesías da nosa autora.

Aquí podedes  ver algúns dos poemas recitados polos alumnos e alumnas.





luns, 18 de febreiro de 2019

Carreira solidaria pola paz




O día 15 de febreiro celebramos unha carreira solidaria para recadar fondos e colaborar con  Vacacións en paz. Enmárcase dentro das actividades para conmerorar o Día da Paz.

VARIEDADES DIALECTAIS

 En colaboración con centros doutras zonas de Galicia estamos estudando as distintas variedades do galego. Aquí temos o vídeo que compartimo...